en  fr  cs  de  et  el  es  ga  hr  it  pl  ro  sq  sk  sl  sv  nn  sr  bs  lt  mk  lb  nl  hy  pt  tr  da  bg  fi  hu  ka  lv  eu  ca  ru  gl

Aprende máis sobre linguas

Sabías que…?

01 Existen entre 6000 e 7000 linguas no mundo – faladas por 7 mil millóns de persoas distribuídas en 189 estados independentes.

02 Hai 225 linguas autóctonas en Europa – aproximadamente un 3% do total mundial.

03 A maior parte das linguas do mundo fálanse en Asia e en África.

04 Polo menos a metade da poboación mundial é bilingüe ou plurilingüe, é dicir, fala dúas ou máis linguas.

05 Os europeos atópanse con cada vez máis linguas estranxeiras na súa vida diaria. Existe a crecente necesidade de xerar interese polas linguas entre a cidadanía europea.

06 Moitas linguas contan con máis de 50.000 palabras, pero normalmente os falantes coñecen e utilizan só unha porción do vocabulario total: en conversa diaria utilizamos sempre as mesmas cen palabras.

07 As linguas están en contacto constante e inflúen unhas nas outras de diversas maneiras. O inglés, por exemplo, adoptou palabras de moitas outras linguas e todas as linguas europeas na actualidade empregan palabras procedentes do inglés.

08 Durante o seu primeiro ano de vida, os bebés empezan a producir unha serie de sons vocálicos; cando cumpren o seu primeiro ano xa se poden distinguir as primeiras palabras, ao redor dos tres anos comezan a formar frases complexas e aos cinco, un neno conta xa con milleiros de palabras no seu vocabulario.

09 Normalmente, a lingua materna é a que mellor coñecemos e máis utilizamos. Con todo, poden existir “perfectos bilingües”, capaces de falar dúas linguas co mesmo nivel de competencia. O máis frecuente, porén, é que as persoas bilingües non mostren un equilibrio perfecto entre as súas dúas linguas.

10 O bilingüismo trae consigo moitos beneficios: facilita o proceso de aprendizaxe dunha lingua adicional, axiliza os procesos mentais e permite o contacto con persoas doutras culturas.

11 O bilingüismo e o plurilingüismo tamén comportan beneficios económicos: atopar emprego é máis doado para aquelas persoas que falan varias linguas e as empresas multilingües teñen máis vantaxe competitiva con respecto ás monolingües no mercado.

12 As linguas relaciónanse como os membros dunha familia. A maior parte das linguas europeas pertence á gran familia de linguas indoeuropeas.

13 A maioría das linguas en Europa forma parte de tres amplos grupos: as linguas xermánicas, as linguas romances e as eslavas.

14 A familia de linguas xermánicas está formada polo danés, o noruegués, o sueco, o islandés, o alemán, o neerlandés, inglés e yiddish, entre outras.

15 As linguas romances inclúen o italiano, o francés, o español, o galego, o portugués e o romanés, entre outros.

16 As linguas eslavas inclúen o ruso, o ucraíno, o bielorruso, o polaco, o checo, o eslovaco, o esloveno, o serbio, o croata, o macedonio, o búlgaro e outros.

17 A maior parte das linguas europeas fan uso do alfabeto latino. O alfabeto cirílico utilízase en moitas linguas eslavas. O grego, o armenio, o xeorxiano e o yiddish contan cun alfabeto propio.

18 A maioría dos países en Europa alberga varias linguas rexionais ou minoritarias – algunhas das cales obtiveron status de lingua oficial.

19As linguas non-europeas máis usadas no territorio europeo son o árabe, o chinés e o hindú, cada un cun sistema de escritura propio.

20En Rusia (148 millóns de habitantes) fálase o maior número de linguas: de 130 a 200, dependendo do criterio.

21 Debido ao influxo de inmigrantes e refuxiados, Europa é cada vez máis multilingüe. Só en Londres, fálanse máis de 300 linguas (árabe, turco, kurdo, bérber, hindú, punjabi etc).

Agora que sabes todo isto, a que esperas para probar o noso quiz de linguas?

Feitos lingüísticos
Trivial de linguas
Aprende máis sobre a lingua de signos
Avalía a túa competencia lingüística
Tesouros lingüísticos
Fálame!
Sons de animais
Concurso de linguas
Palabras únicas
Famosos que falan linguas
Ola
Palíndromos
Mesma palabra – diferente significado
Xogo mental
As palabras máis longas
Trabalinguas
Idiomas do mundo
Envía unha postal
Xogos de lingua de signos