"Fálame!" xogo e vídeo

Que mellor forma de representar o rico patrimonio europeo en canto a idiomas que iniciando unha conversa con persoas falantes dos moitos idiomas diferentes que se empregan no continente.

O slogan Fálame! vénse utilizando no Día Europeo das Linguas desde 2003, cando se lanzou o prego de adhesivos do Consello de Europa en 41 idiomas oficiais.

Para comprobares o teu coñecemento sobre as distintas linguas europeas, por que non participas no xogo Fálame?
O slogan tamén formou parte do videoclip elaborado polas autoridades norueguesas e que se proxectou nos cinemas do país.