en  fr  cs  de  et  el  es  ga  hr  it  pl  ro  sq  sk  sl  sv  nn  sr  bs  lt  mk  lb  nl  hy  pt  tr  da  bg  fi  hu  ka  lv  eu  ca  ru  gl

Como participar?

Hai moitísimas maneiras de participares no Día Europeo das linguas, dependendo do tempo e dos medios dispoñibles.

A actividade pode ir desde o máis simple (como organizar unha sesión de cinema en diferentes linguas ou un “café de linguas” que sirva especialidades de diferentes países), ata eventos que esixan un despregamento máis amplo de recursos (como eventos mediáticos a grande escala). O calendario de eventos recolle todas as actividades que foron publicadas na páxina web de DE L desde 2002 e pon á túa disposición unha fonte de ideas. Non esquezas botarlle unha ollada á sección “Inspírate”.

O principio é sinxelo…

  1. Elixe unha boa idea (unha festa, un campionato, unha cea)
  2. Organiza a actividade e promociónaa
  3. Introdúcea na nosa base de datos
  4. Faina realidade!

Organización do Día Europeo de Linguas
O Consello de Europa non impón directrices nin outorga subvencións para a organización das actividades, senón que lles dá carta branca aos Estados membros e a os socios potenciais para que organicen as actividades como desexen, coa intención de asegurar máxima flexibilidade na celebración do Día.

Contactos Nacionais
Na maioría dos países unha persoa adopta o papel de “contacto” entre os organizadores do evento e o Consello de Europa de maneira voluntaria. Esta persoa tamén se encargará da difusión da información e dos materiais promocionais producidos polo Consello a nivel nacional, rexional e local.

O papel do Consello de Europa
O Consello de Europa iniciou a celebración do Día e cada ano encárgase de enviar pósters, adhesivos e materiais promocionais que ilustran a diversidade de linguas en Europa. Os materiais son distribuídos de maneira centralizada entre os Contactos Nacionais, quen son responsables da súa distribución nacional, en concreto, de cubrir as necesidades dos organizadores do evento DEL.