EDL.ECML.AT/LANGUAGECHALLENGE

Manual de desafíos lingüísticos do DEL

Este ano queremos convidar a todo o mundo a participar nun desafío lingüístico con motivo do Día Europeo das Linguas! Os 51 retos que contén o manual animan aos estudantes dunha lingua para saír un pouco da súa zona de confort e a aproveitar as numerosas oportunidades dispoñibles para practicar ou aprender máis sobre un idioma fóra da contorna educativa. Pódense elixir retos fáciles que non requiran moito tempo, como "contar do 1 ao 10 en 3 idiomas diferentes nun minuto", ou ben outros un pouco máis esixentes, como "escribir cun amigo a letra dunha canción/rap nun idioma estranxeiro". Seguro que hai opcións para todos os gustos e poida que descubras que sabes máis do que crees sobre idiomas!

Se non sabes por que reto empezar, deixa que o azar decida por ti facendo clic na ruleta de abaixo. Se gozas tanto dos retos que consegues completar 10 ou máis deles, podes premiarche cun certificado utilizando a ligazón de abaixo. E se estás disposto a mostrar ao mundo a túa capacidade lingüística, por que non aceptas o reto número 51 "que che atreves a facer nun idioma estranxeiro"? (ver máis abaixo).

Descargar o manual en inglés

Desafío lingüístico do día: Write a message in a foreign language to congratulate someone on a special occasion (birthday, passing an exam etc.)!

Completaches 10 ou máis desafíos?

Solicita aquí o teu certificado do desafío lingüístico do DEL 2022


Non sabes por que desafío empezar?

Deixa que a ruleta decida por ti!


'Que che atreves a facer nun idioma estranxeiro?'

Sube aquí o teu vídeo do desafío n° 51.