Como axente internacional visitarás novos lugares e países estranxeiros. Será todo un desafío! Un bo axente debe poder confiar nas súas habilidades lingüísticas para así manter a súa identidade oculta. Por iso, necesitarás falar varios idiomas da forma máis fluída que poidas.
Polo xeral, os desafíos lingüísticos baséanse en auténticas tarefas de comunicación do día a día para as cales os axentes deben estar preparados.
Diversos estudos demostran que algúns aprendices temen arriscarse e non sempre aproveitan as oportunidades que se lles presentan fóra de clase para practicar o idioma que están a aprender.
Na realidade, comunicarse nun idioma estranxeiro é estresante, especialmente cando estás nunha misión. Poida que cometas erros, que haxa malentendidos, que non che entendan ou mesmo que debas cambiar de identidade ou a maneira de comunicarche.
Esta aplicación prepararache para estas situacións.