Xa sexa para a túa clase ou para todo o centro, o teu proxecto de xornal pode ser tan pequeno ou tan grande como desexes.
Para empezar, precisarás dun equipo de redacción formado por xornalistas e un fotógrafo para crear o teu propio Language Tribune, Herald, Bugle, Times ou o título que elixas para o teu xornal, que se publicará o 26 de setembro!
Que pode incluír o teu xornal? Como calquera xornal normal, pode incluír unha variedade de artigos e reportaxes interesantes: un editorial, entrevistas, por exemplo, co director do centro sobre a importancia das linguas, con alumnos interesados nunha lingua concreta, con profesores sobre que foi o primeiro que lles atraeu da lingua que ensinan, ou con calquera políglota que coñezas. Podes facer fincapé nos recursos aos que se pode acceder facilmente no teu centro ou comunidade, realizar unha investigación en liña sobre os topónimos locais de orixe estranxeira e o seu significado, ou investigar algúns datos lingüísticos interesantes en formato «Sabías que...?». Tamén podes incluír a letra dunha canción popular nun idioma estranxeiro (quizais cunha tradución). Considera a posibilidade de elaborar un encrucillado ou un concurso sobre idiomas. Case todos os xornais teñen unha sección de deportes ou unha columna de cubilladas, así que por que non facer un perfil dunha «celebridade» do deporte local ou doutra persoa notable que teña unha formación lingüística diferente?
Se queres que sexa máis difícil, por que non facer unha versión bilingüe?
Focus: actividade para toda a escola/clase
Recursos: https://edl.ecml.at/downloads,
an example