A función dun contacto nacional
Para coordinar as actividades organizadas a escala nacional, o Consello de Europa pide aos países participantes que designen a Contactos Nacionais para a DEL. A función dun Contacto é actuar como multiplicador de organizacións, escolas e asociacións, facendo circular:
- información comunicada polo Consello de Europa (por exemplo, o comunicado de prensa do Consello sobre o Día, que se convida aos relevistas a traducir ás linguas nacionais/locais, actualizacións no sitio web)
- material promocional: carteis, adhesivos, etc. que o Consello de Europa proporciona cada ano en cantidades importantes aos organizadores de actos
Na medida do posible, anímase ó Contacto para levar a cabo a promoción do Día a nivel nacional/rexional e a través da prensa, en particular destacando a dirección do sitio web do DEL, e informando o Consello sobre a celebración do Día no país.
Algúns Contactos crearon un sitio web nacional do DEL en vista do número de eventos organizados no seu país.
Os Contactos DEL traballan de forma voluntaria e o Consello de Europa recoñece con gratitude a súa importante contribución.
Países actualmente sen Contactos Nacionais:
Como ilustra o mapa, algúns Estados membros non dispoñen actualmente dun Contacto Nacional.
O Contacto pode ser un particular ou unha estrutura existente, que idealmente xa estea en contacto co Consello de Europa - aínda que isto non é esencial.
Convídase a todas as estruturas (centros/asociacións/unidades administrativas etc.) que estean dispostas a actuar como Contactos entre os seus países e o Consello de Europa a que se poñan en contacto coas súas autoridades nacionais ou co Consello de Europa.