Que é o Día Europeo das Linguas?

O Ano Europeo das Linguas 2001, organizado de maneira conxunta polo Consello de Europa e pola Unión Europea, logrou implicar millóns de persoas nos 45 países participantes a través de actividades que celebraban a diversidade en Europa e que promovían a aprendizaxe de linguas.

Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:

  1. Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
  2. Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
  3. Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra da escola, xa sexa co propósito de realizar estudos, intercambios, por necesidades profesionais, mobilidade ou pracer.

2O 26 de setembro de 2011 foi o X Aniversario do Día Europeo das Linguas (DEL), celebrado polo Consello de Europa e os seus 46 estados membros.

A quen vai dirixido o Día Europeo das Linguas?

 O Día Europeo das Linguas está dirixido ás autoridades dos Estados membros e socios potenciais nos seguintes niveis:

  • Responsables da formulación de políticas (por exemplo, medidas concretas ou debates sobre políticas relacionadas coas linguas);
  • Público xeral (espertar interese no referente aos obxectivos xerais do Día, incluíndo a importancia da aprendizaxe continua de linguas a calquera idade, en institucións educativas, no traballo etc.);
  • No sector do voluntariado (accións especificas por e/ou para Ong, asociacións, empresas etc.).